domingo, 29 de mayo de 2011

CHARLA na gardería AS FIGUEIRAS de Milladoiro











en abril fixemos 3 charlas:
garderías A MADALENA e AS FIGUEIRAS de Milladoiro, e no CRA de VEDRA


estas fotos son da charla da gardería AS FIGUEIRAS onde os nenos e as nenas de 2 e 3 anos, escoitaron tod@s sentadiñ@s no chan da clase, atent@s, curios@s.

levaban xa facendo 2 semanas traballos sobre os animais, e nesta charla ademais de poder acariñar a nando, tamén viron fotos dos animais do refuxio, onde peinamos @s cadel@s, os sacamos a pasear, etc etc e fotos xa nunha "casa de verdade".

e no vídeo do refuxio, estiveron movendo os brazos e bailando.

logo estiveron acariciando a NANDO e puideron comprobar que os cans non fan nada.

((é importante que sempre que vexan un canciño/a pregunten antes ós seus donos se se pode acariciar, se non morde...))

se os animais está vacinados, e desparasitados, non hai ningún risco para os nenos e nenas. por outro lado lles axuda a ser máis sociables e crea neles unha "responsabilidade".

a adopción debe ser responsable, pero se se deciden a adoptar deben ter claro que hai responsabilidades, obrigacións, e que non son xoguetes que se deixen tirados cando aburren, non teñen pilas.

TAMÉN dicir que se pode apadriñar un can ou cadela dende un colexio, gardería ou IES, pode facelo toda unha clase ou tódolos alumnos dunha charla... recibirían fotos do animal, poden ir pasealo, etc

GRACIÑAS por todo!!!

1 comentario:

Ollo ó can! dijo...

que fotos mas bonitas y que buen trabajo haceis...