miércoles, 17 de junio de 2009

Novas de Poldro

ola!!! tardei en contestar... pero, ademais da nova de que adoptei a poldro... (bicos pa min, non teño avoa e mo podo permitir, ji, ji) pois, segue vivo... as primeiras reaccións me deron moito cague, pois milú celouse moito, e poldro... tamén. foi unha especie de competencia a ver quen gañaba. despois de 3 días, milú xa se vai achegando a el disimuladamente... e poldro lle chegou a ensinar os dentes varias veces... home, con 7 anos, soen ser un pouco fungóns... pero, parece, e espero, que se van levar ben poldro pasa un tempo debaixo do escritorio, pero xa se pega uns paseos pola casa, sae a "mexar" movendo o rabo, e xa durme no sillón, e ata, estando como está de "rellenito", xa subiu varias veces na cama... que se arranxa cun "non", pois esto último non llo deixo nin a milú outra cousa que vos vai aledar é que ronca como un cosaco, iso me indica que durme a perna solta... (home, oílo roncar non é o que poida gustar a ninguén, pero é un sinal de que dorme e descansa, é dicir, non está alerta) iso sí, ás veces treme, pero supoño serán pesadelos dos cans, pois a milú tamén lle pasa sen máis. biquiños. vir

4 comentarios:

Eva dijo...

Genial Vir, cómo me alegro

vir dijo...

ola eva!!! guaisss por poldro!! e guai saber de ti!!!

biquiños. vir.

Esther dijo...

Querida Vir
Era cuestión de tempo. Sempre pasa así. Xa eu vía que, non tardando moito, ias caer nas súas redes. Somos uns febles. Eles son os fortes. Sempre gañan, perdón, case sempre (a pena e que non sexa sempre). Non digo que Poldro tivese sorte. TI TIVECHES SORTE. Non sabes canta envexa che teño. UN BICO MOI FORTE.

vir dijo...

ola esther!! teño un minuto contaoooo!!!! pero me chega pa mandarche un bico. xa lin o que escribes, e o "teu" é medos.

pois si, tiven sorte, e xa vos mandarei unhas fotiños. ta dun feliz, eu creo que ata quitou uns anos. volve se-lo poldro de sempre.

por certo, EVA, que é de ti????

biquiños. vir.