martes, 22 de julio de 2008

Gatiño(adoptado)

OLA, unha historia tremenda. Uns mozos teñen este gato de acollida, quitáronllo a uns nenos que tentaban afogalo na praia de Aguiño, sen que os pais das criaturas anxelicais, fixesen nada por evitalo. no refuxio non podemos acoller animais de fora dos concellos cos que hai convenio; Ribeira é un dos concellos exemplares do noso país onde ao alcalde lle importa NADA que exista unha lei de protección animal que obrigue a velar polos intereses dos animais sen fogar e maltratados. Ademáis da denuncia que poremos, o máis importante é que o gatiño precisa un fogar urxentemente. Os seus salvadores non poden quedar permanentemente con el. é un macho común europeo duns catro meses e a pesar do inferno que ven de pasar é moi cariñoso. As persoas interesadas que contacten co nós e nós poñémolos en contacto coa xente que o ten-- Asociación Pola Protección Animal Abeiro
asociacionabeiro@gmail.com

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tiernos infantes...

Anónimo dijo...

Adoptado!!!!!!!!!!!!!