jueves, 27 de septiembre de 2012

Jesusa e Carmela, en adopción xuntas


 Carmela 


 Jesusa




 A Jesusa e a Carmela atopáronas na rúa na zona de Vista Alegre e cando chegaron a Bando eran bastante salvaxes. Parecía que non estaban acostumadas ó contacto coa xente e respondían con agresividade. Como estaban bastante asustadas pasaban o día metidas dentro dunha caixa de cartón, pero pouco a pouco foron perdendo o medo e deixándose querer. Simplemente precisan que alguén lles dea unha oportunidade, alguén que xa teña experiencia con gatos e algo de paciencia. Nada se sabe delas antes de chegar ó centro pero parece que ou ben son irmás de diferentes camadas, ou nai e filla. Jesusa ten arredor de cinco anos e Carmela algo menos. Quérense moitísimo e están pendentes en todo momento a unha da outra, protexéndose e dándose mimos, polo que non nos gustaría ter que separalas. Sabemos que non vai resultar nada doado encontrarlles fogar porque son adultas e por riba pouco agarimosas, pero elas tamén merecen ser felices.
Agora mesmo están as dúas nunha casa de acollida pero é algo temporal e en breve terán que volver ó refuxio. Axúdasnos a difundilas?
Atópanse no Refuxio de Bando (Santiago de Compostela), e entréganse con contrato de adopción, vacinadas, desparasitadas e esterilizadas.


Máis fotos e vídeos no seguinte enlace: https://www.facebook.com/pages/Felinos-do-Refuxio-de-Bando/210803539049574

Contacto: voluntariado.bando@gmail.com


Olalla

No hay comentarios: