martes, 31 de enero de 2012
Gafos busca un fogar
Gafos é un mestizo duns dous anos de idade. Entrou de cachorriño no Refuxio de Bando e dende entón non volveu saír de alí. É un canciño moi alegre, sociable e cariñoso, e está buscando un fogar que lle dea a oportunidade que se merece.
Olalla
lunes, 30 de enero de 2012
Nova, en adopción no Refuxio de Bando
Nova é unha femia de apenas un ano de idade, atopada na linde entre Ames e Negreira en Febreiro do 2011.
É unha cadela moi lista, alegre e agarimosa. Tamén é sociable, lévase ben con outros cans femias e machos; en principio non vai detrás dos gatos, polo que é moi probable que tamén se leve ben con eles. É unha cadela estupenda.
martes, 24 de enero de 2012
Recibimos noticias de Katty, adoptada no Refuxio de Bando
Este é o precioso texto que nos enviou Maricarmen, a súa dona:
“KATTY”
A principios de diciembre del año pasado por circunstancias personales el médico me indicó que estaba entrando en una depresión y que tenía que comenzar a medicarme. Esto me hizo pensar y la verdad es que no quería empezar a depender de antidepresivos y tomé la decisión de incorporar a mi vida un animal. Yo siempre he sido amante de los perros y he tenido dos pero luego de sopesar los pro y los contra de un perro o un gato me decidí por este último, aunque mi experiencia con ellos se limitaba a verlos en la casa de una amiga y nada más.
Con mi decisión tomada me fui al Refugio de Bando con la intención de adoptar una gatita pequeñita y si había siamesa. Cuando llegué y me enseñaron los animales que tenían en adopción, y después de las acertadas observaciones de Paloma, comprendí que lo de pequeñito nada y en cuanto a la raza ya no era importante, por lo cuando me enseñaron una gata de 8 meses de edad de raza europea y manto blanco y negro decidí que era la elegida, como pueden imaginar era “KATTY” que recogí una semana después, el primer día muy asustada pero al finalizar el día ya dormía en mi regazo y se dejaba cepillar.
El primer día durmió en la camita de mimbre que le había comprado pero al segundo día se apoderó de las sillas y el sofá, pero solo duró unos tres días, ella misma decidió dormir en su cuna y desde entonces, salvo en la noche que duerme abrazada a mi brazo, si no está jugando está en su cama.
Llegó a mi vida el 15 de diciembre, y desde entonces las dos nos hemos ido conociendo, yo teniendo paciencia con sus travesuras y ella conquistándome a cada momento, tiene una personalidad muy marcada pero muy cariñosa, ha engordado un kilo y parece un peluche, juega constantemente y nunca se cansa, ha descubierto las alturas y le apasiona estar en la ventana, ha aprendido a ir al arañador y a donde voy yo va ella, cuando está en mi regazo me lame la mano y le encanta que le acaricie y le rasque en la cabeza, como ven no niego que estoy boba con mi gata, que me ha traído alegría y cariño a mi vida, y ya forma parte de la familia, realmente creo que es la decisión más acertada que he hecho, soy feliz con “KATTY” y ella creo que también.
Quiero agradecer el trato recibido por parte del personal del Refugio y animar a todos los que están pensando en traer un animal a sus vidas a que hagan una visita a sus instalaciones, comprobarán que hay muchos animalitos esperando un hogar.
Moitísimas gracias, Maricarmen, tanto por darnos noticias de Katty como, sobre todo, por coidala tan ben!
Olalla
ADOPTADO!!! Neutrón, un dos habitantes do Refuxio de Bando
Neutrón é un mestizo de grifón, duns tres anos de idade. É moi bo, tranquilo e sobre todo moi cariñoso.
Chegou ao Refuxio no 2009, en moi mal estado, e dende aquela segue agardando que alguén se fixe nel. Leva case toda a súa vida no refuxio, e xa vai sendo hora de que alguén lle dea un fogar e o cariño que merece!
Ao igual que o resto de cans do Refuxio de Bando, entrégase esterilizado, vacunado, desparasitado e con chip.
lunes, 23 de enero de 2012
Apadriñamentos, outra forma de colaborar...
martes, 17 de enero de 2012
Recibimos noticias de Avellano (agora Damh), adoptado no Refuxio
Chámome Ramiro mais a maioría da xente adoita chamarme Nano, son un xoven de 22 anos que vive no Concello de Trazo nunha casa na cal, tanto meu avó coma o meu pai eran cazadores así que me criei rodeado de cans sempre; prácticamente nunca había menos de 5 cans na casa e sempre xogaba con eles posto que na miña aldea non había rapazada da miña idade. Así é que creei un vínculo especial cos animais, sobre todo cos cans, pero sempre tiven a espiña cravada de non ter un can ao que poidera chamar "o meu can", unha mascota, un verdadeiro amigo cuadrúpedo. Sempre me dicían que xa había cans abonda na casa e que non se me ocorrera traer ningún máis... Xa cando eu era máis mozolo, entrando na adolescencia, os meus maiores deixaron de ir á caza e os cans de caza quedaron relegados a meros avisadores de presencia de persoal na eira. Pouco a pouco, foron falecendo de vellos até que só quedou un, o Chito, un can que dou bastantes problemas nos seus inicios pero que agora é unha mistura de podenco ibicenco a mar de salado, bastante xoguetón a pesar da súa idade... pero que, se sentía moi só estando el só na casa; así que meu pai díxome que buscase algún can para min e para facerlle compañía ao xa mencionado Chito (o nome foi cousa de meu avó, aviso!).
Sempre quixen ter un can de faccións rudas, o típico can de tío duro aínda que eu non sexa precisamente o malote de película. A cousa é que barallei moitas razas, e, a pesar de que podía permitirme mercar o can da raza que eu quixera, acordei que me iba a sentir moi mal pagando por un can a sabendas de que en canceiras e refuxios de animais hai multitude de animais aos que lles foi negada unha oportunidade na vida; animais nobres que por unha ou outra causa non teñen a sorte que se merecen. Así pois, non mo pensei dúas veces e fun a dar unha ollada ao refuxio de Bando. Foi algo moi duro para min, sempre vira fotos do refuxio, pero nunca entrara. Non é agradábel ver como cada cela está chea de cans, que te miran con desesperación por conseguir un cariño, por conseguir un fogar, un dono ou dona ao que coidar... partiume a alma recorrer os corredores escoitando as historias de moitos deses animais, algúns dos cales recibiran tratos moi crueis por parte dos seus donos ou de xente (se se lles pode dar nome de persoas...) das rúas onde vagaban abandonados. Acódordome entre outros de Bella, unha mistura de pitbull con bóxer preciosa que se atopaba enferma cando eu a vin, un animal moi doce e mimoso, á par que temeroso que miraba con recelo aos novos visitantes; agora mesmo atopou un fogar, cousa que me enche de alegría. Case chegando ao final do meu recorrido polo refuxio, atopei cun tal Avellano (outra mistura de bóxer con pitbull), estaba nunha cela con outros 8 ou 9 cans, todos eles armando barullo, ladrando e saltando ao lado da reixa clamando por algo de atención.
Avellano non; simplemente apoiaba o fociño e poñía mirada triste coma se do gato de Shrek se tratase, ao mesmo tempo era unha mirada de resignación, como se lle dera igual o que lle pasara na vida. Pregunto por el e infórmanme de que foi atopado atado no cuarto de limpeza dunha casa abandonada en Brión e que levaba abandonado alí probábelmente máis dunha semana, sen comida e lambendo a auga que goteaba dos tubos da auga que por alí pasaban (unha vez máis cagueime no innomeábel e no adxetivo "humano"). Acerquei a man xunto da súa boca, limitouse a ulila e deixarse acariñar un par de veces á par que se levantaba cara ao interior da xaula e se deitaba lonxe do demáis cans que seguían co seu balbordo. E dende alí, dende o fondo da xaula, seguía mirándome con eses ollos negros que desbordaban humanidade.
Elexino a el e foi unha das mellores decisións da miña vida. Asemade, decidín rebautizalo como Damh, un nome de orixe gaélico que significa por unha banda boi e pola outra guía e escolta.
Hoxe en día é un dos mellores amigos que podo ter, sempre está disposto a sair a pasear, chova ou non; sempre quere xogar e adícase a rirse de min en canto ten a pelota na boca. Alegroume moito a vida, e por descontado, tamén lla alegrou ao Chito que xa non se ve só.
Todos os días tócalle paseo a ambos, chova ou non. A verdade é que saiu un can "curioso" canto menos: encántalle meterse nos regos e enchouparse de lama até arriba, sen embargo, é o primeiro en buscar un anaco do paraugas cando chove. Ademáis, non só mellorou a miña vida e a de Chito, senón a da familia en xeral; posto que meus pais tamén saen a pasear conmigo e con el (ás veces só con el, cando eu non podo); polo que nos uniu bastante como unidade familiar. É un animal que se mostra moi agradecido polo trato que recibe, un pouco traste ás veces (a eira non volverá a estar "limpa" na vida), aprende rápido, é bastante guieiro, moi glotón, hiperactivo,...
Acórdome do día que o fun a recoller ao refuxio, acompañábame meu pai e estabamos sentados na oficina. Estaba rematando de firmar o papeleo mentras a encargada iba a buscar a Avellano-Damh. Ao entrar pola porta e vernos abalanzouse sobre nós e comeunos a lametóns. Creo que foi o mellor saúdo que alguén me dou na vida.
lunes, 16 de enero de 2012
URXENTE!!!!! asasino de cans, adopta e logo mata a paus... coidado (asesino de perros, adopta y luego mata a golpes!!!!)
Este mensaje ha aparecido en facebook, por favor tomen nota y envíenlo a las protectoras que conozcan, es muy importante:
ATENCIÓN MUCHO CUIDADO !!! DIFUSIÓN URGENTE:
UN GRANDISIMO HP (sin perdón) ADOPTA PERROS PARA MATARLOS, ESTÁ CONTACTANDO CON PÁGINAS DE ADOPCIÓN: Por favor difundirlo por todas las páginas de adopciones y avisar a todo el mundo, sobretodo si es de Oviedo. El tipo que adopta perros se llama JOSÉ MANUEL ANTÓN FERNÁNDEZ y luego se los tienen que retirar porque los golpea hasta romperles los huesos. Ha vuelto a la carga, está llamando a todas partes buscando un cachorro para adoptar, tenemos que poner sobre aviso a todo el mundo".. POR FAVOR DIFUNDAN
domingo, 15 de enero de 2012
A FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS CONTARÁ CUN POSTO INFORMATIVO NA PRAZA DE GALICIA O SEGUNDO SÁBADO DE CADA MES ATA FINAIS DE 2012
Os voluntarios do Refuxio de Bando estarán na Praza de Galicia acompañados dos nosos amigos de catro patas. As persoas que se acheguen ao noso posto informativo poderán mercar camisetas e calendarios do Refuxio, apadriñar un dos nosos residentes ou facerse socios do Refuxio. Ademais contarán coa presenza de cadeliños e felinos residentes nas nosas instalacións que lles farán unha visita, e, quen sabe, quizais xurda unha bonita historia de amizade, como a de Dalma e Lara, adoptadas pola mesma familia, a primeira adoptada nas instalacións do Refuxio e segunda na saída do Minicamiño 2011, e que como se ve xa son inseparables.
lunes, 9 de enero de 2012
BUSCA CASA!!!!! Macho mestizo de labrador de 2 anos de idade
Este can necesita un dono, resulta que lle morreu o dono, un señor de 75 anos eninguén da familia se quere facer cargo del, polo de agora teno un veciño que foi quen nolo trouxo, os datos son os seguintes: Macho mestizo de labrador de 2 anos de idade.
Teléfono e persoa de contacto: Juán 647 456 808
Localidade: Ordenes