Hola Vir.
Son Esther, que estiven de voluntaria no Refuxio 3 anos. Se me tomo a liberdade de escribirche é porque non teño moito a quen preguntarlle como van as cousas por ahí. Mandeille un correo a Ana ao correo do Refuxio, pero non me contestou. E a verdade é que vos fago de menos unha chea.
Como che dixen escribinlle a Ana e dixenlle que quería lotería, pero non tiven resposta. Tamén me gustaría colaborar con ese mercadillo que ides facer en decembro, ou dando algunha cousa, isto vai ser complicado porque eu vivo en Ourense (O Carballiño) e mandarvos algo é complicado, ou mandando cartos.
Perdona que te molestase, contame algo se podes e dime como colaboro co mercadillo
Un bico grande
ola!!! ana non contesta moi rápido, están atope. pero xa lles comentarei que escribiches. ti eres a q escribiu a carta de medos non?? non sei con q voluntarias estabas daquela, lorena sigue, eva penedo tivoun neno pero colabora noutras cousiñas, susana e marta romero, non soben, e están + co das colonias de gatos, kelly, mónica... non sei se as coñeces. maribel, paz... dime algunhas e lles mando recordos. e miguel muñiz, agora lle axudo co blog. máis temos pax en facebook. fixéronse saídas. minicamiño cos cans. cancertos. etc etc.
da lotería, canta queres???
e para colaborar no mercadillo, se vés eses días pode q sexa o regalo máis grande. e unha gran sorpresa para eles/as. pero bueno, buscariamos algunha solución.
non sei se segues o blog. por aí te podes ir enterando, pero tamén tes o meu correo. escríbeme cando queiras.
bueno, podo reenviar este correo ós voluntarios/as e ó refuxio, para darlles unha sorpresa??? contéstame axiña!!!
Sí, Vir, eu son a de Medos e máis ésta:
http://perrosadopcion.blogspot.com/2008/09/ata-sempre-esther.html
Creo que a tí coñecinte pouquiño. ¿eras a que estaba embarazada, verdade?. ¿tiveches unha nena, non?
Cando eu ia por ahí estaban: Olalla, Eva, Susana, Marta, Lorena.. Todos dos que falo na miña despedida. Sigo pensando o mesmo que dicía alí. Santiago foi a mellor cidade da miña vida e o do Refuxio é algo do que me sinto especialmente orgullosa.
Por suposto que sigo o Ollo o can. É o meu particular cordón umbilical cunha etapa da miña vida que non quero perder.
Algunha vez fun polo Refuxio, pero vou pouquiño a Santiago, porque eu vivo no Carballiño e traballo en Vilagarcía. Vou e veño tódolos días, e a verdade estou fartiña de facer kilometros (200 cada día), así que so cando ven a miña filla de vacacións, que ela tamén estrana moitisimo o tempo que vivimos ahí.
Da lotería, si tendes gardame 20 euros e se me das un número de conta xa ingreso os cartos. Logo metedesma nun sobre e mandadesma a ………….. SE SE PODE, NON QUERO MOLESTAR.
Por suposto podes pasar o que queiras do que eu che escriba a quen ti queiras.
UN BICO MOI MOI GRANDE
"aquí a primeira parte do que pode ser unha bonita amizade"
supoño que tiveron a sorte de coñecela pensan o mesmo ca min. graciñas ester. graciñas por pasar por aquí. e sabes que aquí tes un espacio.