jueves, 2 de septiembre de 2010

Adicado a eles: os can do refuxio.

Estes son algúns dos nomes dos cans que levan máis tempo no refuxio:

podenquita - centella - medos - medosa - montouto - xarope - fontiña - lula - konrad - chocolate - luma - carrachiña - eida - solo - kevin - dona - noel - neno - tamir - sin - mixericas - parque - bardi - teck - sety - sallan - vedra

Deles, o que leva máis, dende o 2005, o que menos dende o 2007.

Algún destes nomes non che chegan ata o máis interior??, non che toca no teu corazonciño??, non terías un oco para facelos felices o que lles resta de vida.

Eles van estar alí, no refuxio, esperando toda mañá pola comida, o paseo e os mimos dos voluntarios/as. Poida que algún día algún deles note algo no ambiente, coma que o miran máis, coma que se fixan nel, coma que... sen esperalo... saia do refuxio cara un fogar.

Ese día van ter unha nova vida. Pero non esquezamos que quen se está levando un regalo eres ti, pois che vai dar máis do que nunca te imaxines, tan só por unha caricia e por esa calor que lles damos.

http://www.refuxio.org/ refuxio@refuxio.org

No hay comentarios: