viernes, 19 de febrero de 2010

Relatos curtos sobre Podi

CON CARIÑO PARA PODI
Podi é unha cadela moi bonita, cruce de podenco. Abandonárona, o seu dono, mentres era nova, “útil”, e cazaba, todo ben, pero en canto empezou a ter problemas, empezaron a pasar dela. Ten un soplo ó corazón, e un perdigón debaixo dunha mama. Xa é hora que alguén a adopte, a queira e lle de todo o seu cariño. Podi se merece iso e moito máis. Pásano mal cando os abandonan, tristes, non o entenden, pasan frío, fame, sede, algunha xente lles pega, lles tiran pedras... pensades canto podería aguantar unha persoa nesas condicións?? É inhumano?? Sí, pero para os animais tamén. Sofren, e se alegran igualiño que nós.
Podi,esperamos que pronto che adopten.
Por: Raquel B, Alba V, Andrea C, Doina, Alba
PODI CONTOUNOS ALGUNHA COUSIÑAS

Ola!! Son PODI, síntome moi soa, e estou maliña. No refuxio estou ben, pero necesito un fogar. Necesito mimos, que me achuchen!!! Cóntovos: nacín na aldea, nunha desas aldeas cheíñas de nenos, e nenas, e cans, gatos, e gatas e canciñas, galiñas non faltan... pero que tamén hai seres ruíns. O meu dono, cazador, tiña moitos cans, e dúas nenas. Sempre tiven ese calor das neniñas, e o que eu pensaba que o meu dono me valoraba, mentres valía para a caza. Pero en canto comecei a ter problemas, deixou de apreciarme. Vamos, que estaba raro. Funllo notando. Son cadela, pero iso se nota. Un día xa entrados no inverno espertei nun lugar distinto, e soa. Notaba calor debaixo miña, lambinme e vin que estaba ferida. Intentei erguerme, pero non din. Quedei a durmir. Varios días unha vella deume de comer. Graciñas para ela. Estaba tan débil que case non se movía. Recordo que me daba coa man nas costas. E recordo espertar un día ós pés do seu leito. Ós poucos días... morreu. Viñeron recollerme. Agora estou aquí no refuxio.
Quero que veñan por min!!!
Por: Irene C, Beatriz A, María C, Lucía C

OPINIÓN: Podi é unha cadela moi boa, a pesar de todo o que pasou, ten moito por vivir. Quizais non lle doeu tanto o perdigón que lle pegaron, coma a falta de cariño, iso sí que doe. E doe cando pasan de ti, cando non che fan caso, e doe cando che deixan no monte, ou nunha carretera... e cando ves que non volven por ti. Un can, canciña, gato ou gata, sempre está aí ó teu lado, podes estar triste que eles fan que rías e se che quiten os problemas. A eles dalles igual se eres feo ou non, alto, pois a eles o que che piden é que os queiras.
Por: Melinda B, Samantha, Lorena, Vanesa

2 comentarios:

vir dijo...

http://centros.edu.xunta.es/iesames/

aquí vai aparecer publicado un artigo dos traballos que estamso facendo, fotos, enlace de ollo ó can

"tedes que picar en cíclope" que é o periódico dixital do centro,

aínda non está publicado, pero está en proceso, se me lembro xa vos aviso

un biquiño. vir.

e unha lambetada de poldro!!!

vir dijo...

ola!!! xa está exposta no centro IES de Ames a nova sobre os traballos que estamos facendo sobre os cans do refuxio. está exposta a través do xornal do centro "cíclope". logo aparecerá na pax do centro.

sobre uns 450 alumnos e alumnas len esas novas, que van sucedendo ó longo do curso, e moitos deles e delas, protagonistas ou non, ó sentirse identificados, chegan a concienciarse. apareceron novas de excursións, do entroido, do musical, de alumnado que practica algún deporte, ou ten algunha aficción, de proxectos que se van facendo, coma de MSF, e o caso de Haití, e de días importantes coma o día da paz, da muller, da non violencia... e agora tamén do refuxio.

un bico. vir.