lunes, 3 de agosto de 2009

Siamés perdido,apareceu o dono¡¡

Estaba acurrucadiño nun arcén. Foi moi fácil collelo xa que estaba morto de medo e de fame.Claramente é un gato querido e dudo moito que esté abandoado... costaríame crelo... aínda que a estas alturas, xa non confío en nada.bueno, tratase dun siamesiño castrado, ía cun colar de cascabel (apreciase nas fotos). Leva xa bastante tempo perdido xa que está moi delgado e cheíño de parásitos...Leveino á clinica veterinaria que hai en Cacheiras e alí dixéronme que ese colar o daban eles ao castrar os gatos, pero logo de mirar na súa base de datos, non me souperon dicir nada máis concreto.O que máis destaca deste michiño extremadamente cariñoso é que ten extirpadas quirúrxicamente as unllas das manciñas... (imaxinade que dificil ten que ser poder supervivir na rúa deste xeito). Do tempo que pasou con nosco na casa, saco a conclusión de que foi un gato de piso e que non conviviu con máis animais, xa que lles ten moito medo.Pido axuda para atopala súa familia orixinal, ou unha que esté disposta a darlle o que un día xa tivo e por sabe deus que motivo perdeu.Kelly (687.72.75.83)

7 comentarios:

vir dijo...

reenviei e me contestaron:

hola chiki, me parecio ver un anuncio o varios aquí en milla q se buscaba un gato siamés perdido, no se exactamente donde lo vi pero podeis preguntar en la clinica veterinaria a lúa o en hospicap, es q no me acuerdo donde lo vi. ojalá os pueda ayudar con esta información. bicos.

(son vir, se necesitades, o meu tfno téñeno no refuxio, ou o correo) (e senón por aquí)

Anónimo dijo...

Hola Vir!
Moitas grazas por difundir. Eu estiven poñendo carteis por Montouto (Teo) e a ver se hai sorte... Ei chamar a estas clínicas que comentas por se saben algo. Oxalá!
De momento o pobre está no Refuxio, ata atopar á súa familia ou outra que se fixe nel.
Bicos.
Kelly

vir dijo...

xa vin que chamaches á clínica lúa. eu chamei á chica que mo dixo, e volveume repetir que era un siamés, co cal, se volve ver algo xa me avisa. i eu se vexo xa che dou un toque.

Eva dijo...

Pues encontrar a un dueño que lo desunguló... Vaya bestia

Anónimo dijo...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡APARECEU O DONO!!!!!!!!!
JEJEJE menuda alegriía me levei cando o soupen!!! paseime a tarde-noite de onte pegando máis carteis pola rúa e cando cheguei a casa vin unha sms de Ana dandome a noticia.
Mereceu a pena tanto esforzo!!!! moitisisisisisiisisisismas gracias a todos!
kelly

vir dijo...

festa!!!!

jossss, este tipo de novas me alegran a vida!!!!

guaisssss!!!!!!!!!!!

kelly, non che podo poñer un 100 % de eficiencia, o superas, eu cáseque che poño un 358,47 %, ji, ji, ji

son de mates, non podo negalo...

Anónimo dijo...

Teño que dicir que me sinto alagada e recompensada pero está claro que claquera de nós faría exactamente o mesmo. Non importa quen ou en qué medida, só importa que hay un gato menos no Refuxio e que este pobre non vai a pasalo mal lonxe da súa casa.
Todos sabemos que os gatos adultos son os grandes olvidados e que case ninguén se fixa neles cando pasan dunha idade... apesar de que hainos que non saben voar porque non teñen alas. Refírome con isto, a que tamén tentan chamala nosa atención, tamén fan run run para que nos fixemos neles, pero parece que ninguén os ve.