Hoxe, 28 de xuño de 2009 volvemos de Sarria, onde estivemos con xente desa localidade que nos convidou a concentrarnos para protestar pola celebración dunha mal chamada "festa"; persoas xenerosas e desprendidas ás que lles importa á vida de seres indefensos que até hai unhas horas estaban vivos ...Alí,
concentrad@s diante da praza móbil na vila de Sarria, contemplamos o paso de mulleres e homes, nenas e nenos que ían colocándose en distintos lugares da praza desde onde ter unha boa perspectiva da matanza. Como alguén pode acudir de maneira voluntaria a ver como sufre un ser vivo a máis terríbel das torturas? A nós non nos fai falla que nos describan o que sufre un touro; nós tamén somos mamíferos, e podemos imaxinar a dor terríbel que sufren mentres lle clavan todo tipo de instrumentos de tortura até a estocada final. A nós, que nos importan todos os animais, que convivimos con eles, e que loitamos polos seus dereitos, non nos teñen que explicar que os touros son hervíboros e, como tales, son sempre a presa, nunca o depredador, polo que o seu comportamento é de fuxir ante o perigo, por iso imaxinamos o terror tremendo que sinten cando son obrigados con paos a entrar nunha praza circular sen recunchos onde esconderse, e onde son golpeados, acoitelados e asasinados sen ter opcións a escapar.É certo que cada vez somos máis, e que venceremos e convenceremos ao final do camiño, pero iso non é suficiente un día coma hoxe, pois mentres voltamos a casa en silencio sabemos que non fomos quen de impedir que seis animais fosen asasinados mentres un grupo de xente disfrutou e aplaudiu aos seus verdugos.
Susana
O noso amigo nachete mandanos esta carta....
SE VOS PARECE PODEDES ACHEGAR A VOSA REPULSA POLA MATANZA E TORTURAS ACONTECIDAS ONTE NA OUTARELA DE SARRIA AOS SEGUINTES ENDEREZOS:
concellodesarria@concellodesarria.netalcaldia@concellodesarria.netturismo@concellodesarria.netcultura@concellodesarria.netmambiente@concellodesarria.netOU POR CORREO ORDINARIO:
CONCELLO DE SARRIAC/ Maior nº 14 Sarria (Lugo) 27600
Achégovos un exemplo que vou mandar eu. Se queredes podedes copialo e pegalo cambiando a sinatura, pero o ideal é que, se tedes tempo, escribades a vosa propia condena:
Moi señor meu:
Diante dos repugnantes feitos acontecidos no día de onte na vila de Sarria, realizados co amparo e a licencia desta corporación, gostaría de expresarlle a miña máis enérxica repulsa, así como solicitar se vaian tomando as oportunas medidas para evitalos no futuro.Convertir a tortura e o maltrato a un ser vivo que sufre, nun espectáculo, só pode ser pretensión dunha intelixencia ofuscada e insensíbel. Que unha institución, coma o Concello de Sarria, non só consinta, senón que mesmo conceda a licencia para a realización de semellante barbaridade, en pleno século XXI, só pode xenerar en nós unha absoluta desconfianza canto a dignidade moral de quen nos goberna.As institucións deben favorecer o civismo (como moi ben apuntan os numerosos cartaces que decoran as rúas da vila) e non salvaxes tradicións.Quero ademáis participarlle a certeza de que este tipo de aberracións só poden prexudicar a imaxe dunha vila tan bonita como Sarria, confundíndoa coa baixeza moral, o paletismo e a ignorancia coa que a absoluta maioría da nosa sociedade identifica as matanzas públicas de touros e os seus afecionados. Lonxe de actuar coma un reclamo turístico, estas torturas animais difunden unha moi mala imaxe de Sarria e actúan máis ben coma un elemento disuasorio para xente con sensibilidade que quixera compartir con vostedes as súas festas.Por último, debo participarlle que, nese lamentábel espetÁculo realizado onte, foi violada a legalidade vixente diante da pasividade dos axentes da Policía Municipal e da Garda Civil, que observaron impasíbeis como numerosos menores de idade, e mesmo cativos de moi curta idade, poideron entrar nese ignominioso recinto. Recinto onde, por certo, non se cumprían as condicións mínimas de seguridade para calquera acto público (cabalos galopando diante da xente, mesmo dos nenos; camións maniobrando en medio da multitude etc).Coa confianza de que o seu sentido da responsabilidade disporá os medios para evitar estas desafortunadas barbaridades nun futuro cercano, quedo atentamente á espera da súa resposta.
IGNACIO MATO.34979380Z.