jueves, 23 de octubre de 2008

¡Urxente! Lola

Lola é unha preciosa e boísima cadeliña atopada en Boiro. A semana pasada unha veciña desa localidade chama ao refuxio para preguntar se podemos recoller unha cadela que se atopa vagando pola rúa, con moito medo. Explicamos que non existe convenio de colaboración co seu concello, e remitímola a esa institución para que lle dé unha solución. En Boiro eutanasian sistematicamente aos cans sen fogar, por iso é moi urxente atopar unha casa para Lola. Esta veciña non pode tela máis tempo na súa casa. Como se pode ver, é unha cadela pequena e preciosa. É moi nova, non debe chegar aos dous anos, e é extremadamente cariñosa coa xente. Contacto: refuxio de animais.telefono 981575957 e 646492835

No hay comentarios: