Coma can e gato...ou foi un dito que non reflexaba a realidade,ou moito cambiaron os
tempos,ji,ji,ji, xa lles gustaría levarse así a algúns
Milu, esta é a miña cadela, está un pelín celosa, pasouno ben mal ó primeiro, pero pouco a pouco... pa que digan que os cans son animais!!!, sofren igualiño que nós
e igual que sofren,tamen se divirten,aquí milu pegandose un pateo de cuidado!!por un camiño dos pocos que quedan polo Milladoiro.vaia, non sei, mandei un comentario en cada unha, pero non sei... hai tanto por dicir. comezo: fai 2 años atopei unha cadela, milú, que sen esperalo metina na miña vida, quedeime con ela, chip, educación, paseos... pero realmente fun eu quen se meteu na súa, pois eles, os cans, os gatos..., depende con quen dean, van ter unha gran vida, ou unha tortura, pois están guiados polo ser humano, que moitas veces a súa intelixencia a utiliza daquela maneira. logo decidín ir por un rapaz ou rapaza, e velaí o resultado, ela, e o seu bibe son inseparables... nese transcurrir dos días apadriñei a poldro, do refuxio, a lena, da protectora de porriño, estiven uns días de voluntaria no refuxio, con barrigota, e tamén, a miña clase do curso pasado apadriñou a riga, tamén do refuxio, etc. non é para botarme flores, pois isto non é nada comparado co que fan os que día a día están con eles, o meu é un pequeno gran de area, pero estou moi contenta de poder poñelo. e ogallá os meus alumnos/as, e amigos/as poidan botarlle un ollo a este artigo, e que saiban que son tamén outro anaquiño da miña vida. con todo, fun medrando, en corazón, se entende, e espero isto faga medrar moito o corazón da xente, que fai boa falla.
Vir