![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhvR4ldKo8epMCOp0UBvLuYFEUKznzG2Mxes2Yjilp7yDY5uKPHHbUYrraE8PuldqRdxn1YdesjNLt00yoIz5yAUXAoWM3K7wCUxlOpBk5YuES0Q3Rxod0WpyS9ynP5q16sZ7YpXoRZ50M/s320/bou.jpg)
Este canciño chamase bou, recentemente detectáronlle unha doenza cardíaca..Pese os desvelos dos voluntarios, o refuxio, non é o sitio indicado para él. O frio e a humedade agravarían a sua enfermidade e por iso necesita de alguén que lle de unha casiña quente e moito cariño.Bou é moi alegre e doce, o que o leve vai ter correspondida a su xenerosidade sobradamente…
3 comentarios:
Aínda que xa ten 13 anos, cando o ves da a impresión que estas cun cachorrín, ten tantas ganas de xogar, e de vivir...
Desde o refuxio faríamonos cargo da medicación que precisa para a súa cardiopatía. Bou é moi tranquilo e pequeno, e ideal para pasar tardes tranquilas no sofá da casa...
O noso pequeno Bou vainos deixar moi pronto. Acaba de ser adoptado grazas á mediación de Loreto, e pronto cambiará a paisaxe galega por Madrid, onde vai convivir con tres cans máis... Estamos moi contentas e contentos, aínda que o imos botar moito de menos, especialmente Marta... Boa viaxe, Bousiño
Publicar un comentario