miércoles, 23 de mayo de 2012

Seguimos buscando a Isa


Isa leva desaparecida dende finais de abril. Perdeuse pola aldea de Bornais, preto de O Eixo, na zona de Santa Lucía, en Santiago de Compostela. É unha gatiña moi tímida e non se deixa coller. Se alguén ten novas dela, por favor que chame ó número 629574346.





Olalla

martes, 22 de mayo de 2012

Grisi, en adopción no Refuxio de Bando




Esta preciosidade de grandes ollos verdes xa leva máis dun ano no Refuxio de Bando agardando a súa oportunidade de ser feliz. É bastante tímida pero gústalle a xente, e moito máis se hai unha lambetada de por medio. Non se deixa coller pero tampouco responde con agresividade ós agarimos. Moi tranquiliña, lévase perfectamente cos seus compañeiros felinos.
Ideal para un adoptante con experiencia con gatos, alguén que saiba gañarse a súa confianza. Nun piso, con alguén que teña un mínimo de paciencia, Grisi convertiríase nunha gatiña agarimosa en pouco tempo.







Se estás interesad@ en acoller ou adoptar a Grisi, podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte enderezo: voluntariado.bando@gmail.com ou pasarte directamente polo Refuxio. 

Olalla

lunes, 21 de mayo de 2012

Cachorritos, necesitan alguien que les de un hogar!

Se buscan adoptantes para estos cachorritos, estan en Santiago




 Contacto: email :laina.peres@portugalmail.pt
Telefono: 662 634 054

viernes, 11 de mayo de 2012

Quinto punto de adopción

O vindeiro sábado 12 terá lugar o quinto punto de adopción do Refuxio de Bando deste ano. Igual que nas outras ocasións, varios voluntarios estarán en horario de mañán e tarde na Praza de Galicia.
Non podes faltar!!!

Olalla

Festa da primavera do Barrio de San Pedro



O sábado pasado celebrouse a Festa da Primavera do Barrio de San Pedro, e varios voluntarios do Refuxio de Bando estiveron alí cun posto informativo e varios animais preparados para marchar adoptados. Houbo un afortunado, Ovin, que tivo a sorte de atopar unha familia. Moita sorte, Ovin!


Olalla