lunes, 18 de enero de 2010

¡¡MATAR POR MATAR NON!!

Sábados 16 e 30 de xaneiro: MOBILÍZATE CONTRA OS MASACRES DE RAPOSOS Os vindeiros día 16 e 30 de xaneiro van ter lugar os "campionatos" galego e estatal de caza de raposo, programados nos montes da Cañiza (Pontevedra) e Portomarín (Lugo), respeitivamente. En ambos os casos, o colectivo MATAR POR MATAR, NON, do que fai parte ADEGA, ten convocadas senllas mobilizacións:Dende as 08:30 estaremos nos lugares para ir ao monte e ás 12:30 realizaremos concentracións para protestar contra esta festa do sangue. Contactade previamente coa organización nos seguintes teléfones para os detalles das accións e a coordenación das cuadrillas. Teléfones de referenza: 676 750768 / 649 733693 Contactos das organizacións: ADEGA (981 570 099); Amigos da Terra (988 374 18); Equanimal (650 576 631); Matar por matar,NON (676 750 768); Verdegaia-Vigo (661 240 605). Convocan:ABEIRO, ADEGA, Amigos dá Terra, Amigos dos Animais, Asociación COMETA, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fin dos malos tratos animais, Fundación Altarriba, GAS Vigo, Pegadas Cantabria , LIBERA, Matar por matar NON, PACMA, Protectora Moura, Salva ou Tren, SGHN, SOS Courel, SHAC SPAIN, Verdegaia. Novas adhesiónes: Ecoloxistas Estremadura, SOS Felinos, SOS Hurones