lunes, 28 de septiembre de 2009

Parabens Nut!!




Nut, unha cadela adoptada, campiona estatal de Agility en grao II Nut do Club Agilcan de San Martín de la Vega (Madrid) obtivo uns excelentes resultados na proba de Agility organizada polo Club Agility Compostela os días 19 e 20 de setembro en Santiago. Cómpre saliantar que Nut é unha cadela abandonada e grazas á súa guía Mónica que a adoptou, non soamente ten unha vida digna, senón que ademáis é toda unha campiona. Despois da proba de Santiago, na que quedou clasificada en primeiro lugar o sábado, día 19, e en segundo lugar o domingo, día 20, é a campiona estatal na categoría Estándar (cans grandes) da Liga da Unión de Clubs de Agility. Na mesma categoría, Luna, do Club Agility Compostela, finalizou terceira da clasificación estatal. Os nosos parabéns ás dúas campionas!! Máis información da proba en http://www.agilitycompostela.com/

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Podi necesita axuda urxentemente...

Precisamos urxentemente casa de acollida para Podi, esta preciosidade cruce de podenco que se atopa desde hai uns días na casa dunha voluntaria polo seu estado de saúde. Na revisión veterinaria descubriuse que ten un soplo no corazón, por iso no refu...xio parecía que se afogaba, ademais ten un perdigón debaixo dunha mama, consecuencia da súa anterior vida nas mans dun deses amantes dos animais que están preparando as súas escopetas para a nova tempada. É boísima coa xente, e convive perfectamente con outros cans e gatos. Ten uns seis anos.

Camada de gatitos







Estos son Fisula,Fión,Galáctica y Acuario, son muy juguetones y necesitan un hogar...
Contacto:Refugio de Bando


sábado, 12 de septiembre de 2009

dame un hogar, yo te daré todo mi cariño...

Regalo perro de un año a persona que tenga finca y lo cuide bien.es muy cariñoso con los niños y obediente.tiene cartilla y chip.
interesados ponerse en contacto lo antes posible.es urgente.si no le encuentro dueño rapido volvera a la perrera.
gracias.
Contacto: Pincha aquí para contactar con la persona que tiene el perro:http://www2.segundamano.es/perro-para-finca/contactar/?ca=36_s&id=16781033

martes, 8 de septiembre de 2009

Betina, murio




Betina es una gatita recien nacida,todavía hay que darle de comer con biberón, es muy cariñosa y siempre te busca para acurrucarse en tu calor. Necesita a alguien que la cuide y le de muchos mimos ya que su mamá no está para darselos
contacto 649278031

sábado, 5 de septiembre de 2009

Manda carallo!! - morto

No concello de Padrón estan moi preocupados por un "problema de saude ciudadan",un canciño a tido a osadía de refugiarse nunha casa abandoada do pobo, algúns exemplares ciudadans ,espero que non moitos, han exteriorizado o seu malestar polos posibles contaxios que poderían darse pola presenza deste animal, o que non se lles pasou pola sua civica cabeza e que este animal esta sufriendo dunha maneira que dudo moito que calquera de nos haxa podido experimentar, e podo asegurar sen medo a equivocarme que a culpa do estado deste animal e debido a algún homo sapiens..menuda merda de mundo estamos deixando os nosos nenos se a nosa resposta ante o sufrimento dun ser vivo e botarlle auga con lexia ou colonia... http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/09/04/0003_7947584.htm

jueves, 3 de septiembre de 2009

martes, 1 de septiembre de 2009

EN PADRON INCUMPLEN A LEI DE PROTECCION ANIMAL

O pasado sábado 29 de agosto, unha voluntaria do refuxio de animais atopa nun monte de Padrón unha manada de cinco cans en moi mal estado físico, moi delgados e cheos de parásitos.
Nese momento aparece polo monte un Garda pertencente á Consellaría de Medio Rural, quen di que xa tiña coñecemento da presenza dos cans no monte, pero polo que se ve, non fai nada ao respecto.
Algunhas persoas que se atopan pola zona, din que é bastante habitual o abandono de animais nesa zona, e explican que hai máis cans que os que nese momento están alí. A voluntaria do refuxio atende perplexa ás distintas explicacións que se lle dan, sen chegar a comprender como é posíbel que, tanto persoal da administración, como xente que coñece á existencia dun delito, non faga nada e permita que a situación se manteña. Vendo que non vai ter axuda por parte do Garda, chama ao 112, onde lle confirman que o concello de Padrón non ten centro de recollida, nin convenio coa administración, nin con ningunha asociación de protección animal, é dicir, o concello de Padrón incumpre a lei 1/93 de protección animal , co cal, unha vez máis, como é moi habitual no noso país, non vai atopar ningunha solución da admistración.
Como sempre, son os membros das asociacións animalistas e as persoas preocupadas polos animais as que teñen que buscar solucións puntuais ante os numerosísimos casos de maltrato e abandono que acontecen diariamente mentres ás persoas que escollemos para resolver os nosos problemas do día ao día, non teñen tempo para facer cumprir a lexislación.
O 29 de agosto só un can consigue ser rescatado pola voluntaria, unha cadeliña moi delgada e enferma, que se atopa na súa casa neste momento, onde agardamos se recupere moi pronto para poder atoparlle o fogar que merece. Os seus compañeiros non tiveron tanta sorte, e seguen no monte de Padrón, onde posíbelmente ficarán ate a súa morte ante a desidia de quen ten o deber de velar polo seu benestar.
Desde Abeiro, anunciamos que denunciaremos ao concello de Padrón ante o Seprona, e que acudiremos ao Valedor do Pobo para que se dirixa ao Concello de Padrón e explique así porque incumpre a lei.
Susana Romero
Presidenta da Asociación Pola Protección animal Abeiro