
É moi urxente atoparlles un fogar a estes dous irmáns. Levan xa meses nunha estupenda casa de acollida, pero agora teñen que voltar á cruda realidade dunha canceira. Teñen sobre dez meses, son moi bos tanto coa xente, coma con outros cans e gatos, actualmente conviven con cinco cans máis e tres gatos, algúns dos outros cans son moi velliños, pero eles saben con quen poden xogar e con quen teñen que ser más coidadosos, lévanse moi ben con todos, ata xogan cos gatos e durmen con eles, Maya, unha pastora adóraos, e sempre busca estar preto deles.
Zape é o máis alto e escuro parece un galgo, é moi xoguetón, non para quieto, aprendeu a saltar a verxa, así que só pode saír cando hai xente no xardín.
Zipi, más pequeño e algo máis claro, é máis tranquilote e mimoso, no é tan atrevido coma o seu irmán, pero tamén lle gusta xogar.
Son moi obedientes, sempre atenden a chamada, non paran de xogar, (o normal, aínda son cachorros..), ogallá entre todos lles atopemos un fogar estupendo.