martes, 29 de abril de 2008

Adeus Ollos lindos


As veces a xente non é conscente das consecuencias do abandono dun can,pasanlle a pelota a protectora cando o animal interponse nos seus plans sen ter en conta que algúns deles non se adaptan ó novo medio.
Imaxinemos por un momento que nos abandonan nun campo de refuxiados, compartindo as 24 horas do día un pequeno espazo con desconocidos, algúns deles agresivos...

Isto é polo que estes cans rexeitados ten que pasar, a tristeza e o medo fai que algúns, os máis debiles ,non sobrevivan.

Zar(adoptado)

A historia de Zar e un pouco triste xa que lle morreu o seu dono, ao non poder facerse cargo de él a familia levaronno ó refuxio.Fai pouco foi adoptado pero non fixo boas migas co gato que xa tiñan e delvolveronno.
Zar necesita alguén a quen lle guste dar bos paseos, que non teña gato nin can(excepto femias).É moi alegre ,vigoroso e ten un ollo de cada color...¡unha chulada de can!

lunes, 28 de abril de 2008

Neve(adoptado)

Esta cadeliña tan fermosa de raza Samoyedo debe ter un ano e medio, e moi obedente e relacionase moi ben cos outros cans.Esta coxa dunha pata pero fai unha vida normal, gustalle correr e xogar coma outro can calquera...

jueves, 24 de abril de 2008

Cachorriños abandonados

Istos cachorriños apareceron na zona de Amio o venres pasado,atoparonnos dous axentes na estrada e levaronnos o refuxio,son moi cariñosos e xoguetones.Deben ter pouco mais dun mes.

Pin e Pon










Pin y Pon son duas cadeliñas de caza,istes cans son abandonados polos cazadores cando remata a temporada ou se perden o olfato.
Agora elas teñen a ocasión de encontrar un dono que as quera pola sua dozura e lealtade...

martes, 22 de abril de 2008

Antón xa ten familia....

Antón foi un can abandonado que vivía da caridade dos veciños da Baña .Así estivo dous anos ata que un día apareceron dous operarios ca intención de matalo , según eles Antón era perigoso e o rexidor decidiu acabar ca sua vida. Sen a actuación de Anibal e María Xexus hoxe non podería publicar esta foto. Ademais de darlle outra oportunidade a Antón denunciaron o alcalde do Concello da Baña ca intención de evitar futuras traxedias.
No medio dos actos destructivos que caracterizan o ser humano, reconforta atoparse con estos actos de xenerosidade, que fan recuperar a fe en nós mesmos…

sábado, 19 de abril de 2008

Bou (adoptado)

Este canciño chamase bou, recentemente detectáronlle unha doenza cardíaca..Pese os desvelos dos voluntarios, o refuxio, non é o sitio indicado para él. O frio e a humedade agravarían a sua enfermidade e por iso necesita de alguén que lle de unha casiña quente e moito cariño.Bou é moi alegre e doce, o que o leve vai ter correspondida a su xenerosidade sobradamente…

jueves, 17 de abril de 2008

Tivi

Tivi ten casi 3 anos, este canciño é ideal como compañeiro de xogos,é moi alegre e expresivo,ademais o seu pequeno tamaño faino ideal para convivir nun piso, eso sí dandolle uns bos paseos que seguro que che agradecedera.

Max e Fred

Max (atrás): chegou intoxicado en xaneiro de 2007. Está totalmente recuperado, é moi sociable e tranquiliño. Fred: chegou hai dous anos, atopado por unha señora que o trouxo ao refuxio, estaba moi fraco e tiña moito medo, pero hoxe en día, ademáis de guapo guapo, é tremendamente simpático.

miércoles, 16 de abril de 2008

Peludo (adoptado)

Acaba de chegar, leva uns 15 días no refuxio, Cando chegou tiña moito medo, pero agora xa é todo un campeón. Encántalle correr, encántanlle os mimos e as galletiñas, como a nós! É un macho precioso, duns 22 kgs. Aínda é un cachorrin.

Fontiño

Entrou en xaneiro de 2006, dáballe de comer unha muller que sabía que estaba abandonado, pero un día decidiuse a traelo ao refuxio, porque era moi bo e confiado e tiña medo que alguén lle fixera mal, ou que o atropelara un coche.. É un anaquiño de ceo, lévase ben con todos.

Fociña

Chegou en marzo de 2006. Cando entrou tiña só uns 10 meses de idade, pero axiña nos demos contan do mal que o pasara. Tiña pánico á xente. Pero agora, xa leva tempo aquí, e os seus compañeiros de canil a adoran, así que está encantada da vida, esperando por ti, que te decidas a adoptala…

domingo, 13 de abril de 2008

Digui

Entrou hai uns meses no Refuxio, cun aspecto lamentable, daba moita pena, era un saco de ósos, cheo de pulgas e carrachas, Costou moito que nos deixara acercarse a el, pero agora é un máis, como todos, está contentísimo e agradecido. Ten un tamaño ideal para levar connosco a todas partes..

Roma

Roma, xa leva aquí no Refuxio 1 ano e medio. Non hai nada negativo que decir dela, nada. É unha cadeliña algo maior, pero é desas que podes deixar en calquera sitio, e confiar plenamente nela, porque ten un corazón inmenso, e nunca te traicionará.

Mateo

Mateo, trouxérono uns rapaces que o atoparaon intoxicado na Alameda de Santiago. Mateo o pobriño, quere e non pode, é decir, quere vir a xunto de nós, pero os seus recordos da xente deben ser tan horribles, que lle costa moitísimo acercarse a nós.

Barbariño

A súa entrada á vida non foi moi agradable, porque os atopamos, recién nacidos xunto coa súa nai, Bárbara, entre os raíles do tren. Tivo que ser unha experiencia moi mala para eles, porque aínda hoxe, case 2 anos despois, é un gatiño bastante medoso.Necesita de alguén que lle de tempo e moito cariño

Cebada(adoptada)

Cebada, leva 2 anos e medio con nós, dende fins de 2005. Hai uns meses varios voluntarios fixemos un curso de adestramento, dirixidos por Fernando Estévez, adestrador e colaborador do Refuxio. Cebada foi unha das que asistiu ao curso. Obedece axiña a todas as ordes que lle des. É moi lista, e como podes ver, espectacularmente guapa!

Cea

Entrou a finais de 2005. É unha cadela ideal para un piso, porque só quere a nosa compaña. O de facer exercicio para ela, é moi relativo. Se o fas ti, perfecto irá contigo, e se nón, prefire estar ao teu lado, recibindo os teus agarimos.

viernes, 11 de abril de 2008

Forellas

A súa historia é tan triste coma todas as dos cans de caza. Ou son abandonados cando xa son adultos, ou son abandonadas camadas enteiras, ou cousas aínda peores. Neste caso era só un cachorrín cando chegou ao refuxio. Tan guapo coma na foto, tan alegre e bo como parece. Encántalle xogar, encántalle que lle fagas caso, encántalle a túa compaña!

Golfo

Tamén acaba de chegar, leva uns 15 días no refuxio, Cando chegou tiña moito medo, pero agora xa é todo un campeón. Encántalle correr, encántanlle os mimos e as galletiñas, como a nós! É un macho precioso, duns 22 kgs.

jueves, 10 de abril de 2008

Irmáns


Uns cachorriños moi simpáticos e agarimosos, coma todos os cachorros. O que teñen de especial os cachorros adoptados é que son extremadamente doces , eles precisan da súa mami, e cando non a teñen, vólcanse en nós, así que nunca estarás soiño, cunha compañía así.

Cari(morreu)

Unha das chicas máis boas do refuxio. Chegou hai uns 2 meses. É moi tranquila e silenciosa. Debeuno pasar extremadamente mal, porque con só unha caricia, xa che sigue a onde vaias, e cun paseiño,… é totalmente feliz!!

Barbas

A historia se repite. Os abandonos son masivos. Este canciño ten aínda bastante medo, porque acaba de chegar ao refuxio, aínda non coñece a case ninguén, é moi bo cos seus compañeiros de canil, e co persoal do Refuxio. Ao principio, o pasan moi moi mal, están nun sitio alleo, rodeados de outros animais que non coñecen,.. é un cambio de vida brutal. Pouco a pouco, cos mimos que lles damos, recupéranse moi ben, pero nada comparable a ter unha casiña, estar quentiño, estar mimadiño…

Ceo

Acaba de chegar, coma quen di, leva unha semana en Bando, está aínda na cuarentena. É un ceo de canciño. Moi agarimoso e tenro, supoño que nunca aparecerá o dono, porque está moi descoidado, debe levar bastante tempo abandonado.

Bardi junior

É aínda un cachorrín, terá uns 5 meses. É fillo dunha cadeliña que está no refuxio. É tan guapo como a súa nai, os dous teñen unhas cores moi chamativas, É incrible que aínda se lle manteñan así nun refuxio de animais. Bardi tivo 7 fillos. Todos adoptados, excepto este roxiño tan guapo... Hai unha parella moi interesada nel, así que a ver se ten sorte!!!
.

Nena

Esta nena superguapa estivo moi enfermiña. Estaba triste e soiña. Agora está encantada cos seus amigos, da súa idade. Ten un pouco de medo, pero non dá lata ninguna, case non nos enteramos de que está. Precisa moita compaña, temos que estar con ela para que coma. Cando vai de paseo, é do máis agradecida que hai. Terá uns 4 meses.

Dina

É Dina, ten cinco anos e é moi agarimosa, chegou o refuxio ca sua nai, é un pouco medosa e gustalle tumbarse para que lle acaricies a barriga

Magnum

Chamase Magnum e ten dous anos de edade ,aínda percibes amagos de cachorro na sua mirada, e un pouco timido ó principio porque debeu ser maltratado, pero en canto colle confianza tes un amigo para sempre...





miércoles, 9 de abril de 2008

Lucero(adoptado)yupiiiiiiiiiiiii

Esta cousiña tan linda ten cinco anos e pesa uns sete kilos. Ten unha historia triste xa que estuvo a punto de ser sacrificado despois da morte da sua dona, pero por sorte os netos da dona trouxeronno ó refuxio onde ten outra oportunidade, é un ceo...


Porto


Porto, foi atopado por unha voluntaria cerca do aeroporto, e un macho moi agarimoso e simpatico, e a vista esta que tamén coqueto
.Xa leva con nos mais de dous anos, e pesa uns 10k,esta buscando un dono con quen xogar...

martes, 8 de abril de 2008

Greiben














É unha cadeliña moi especial. Adoptárona cando só tiña 3 meses, pero cando xa tiña sete, e non lles facía graza, devolvérona. Isto acontece con frecuencia cando alguén adopta un cachorro... Greiben é moi boa, pero quere volver a unha casiña...

Alf(adoptado)

A que é cuspidiño ó protagonista da serie do extraterrestre Alf...? É o compañeiro de canil de Tana... Chegou moi delgado. Cambia como o lobo o manto, ten o pelo longo no inverno e curto no verán, é moi doce, e aínda que necesita un fogar, vano botar moito de menos os voluntarios do refuxio cando o adopten.

Tana(adoptada)

Tana é coma unha nena pequena, encántalle xogar cos xoguetes que vai encontrando. Ten catro anos e aínda que o seu aspecto impón é moi boa e alegre coa xente. Necesita de alguén a quen lle guste saír ó campo e dar bos paseos.
Ela e Alf fan boas migas.

Lucas














Lucas é un can moi bonito. Ten 6 anos. É doce, cariñoso e moi leal. Apareceu preto do refuxio. Deberon de facerlle dano, xa que ó principio estaba moi asustado, pero pouco a pouco foi collendo confianza. Necesita de alguén que lle dea moito cariño. Un baño e un bo cepillado e parece outro... Aínda mais lindo...